Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CORPORACIÓN LOCAL LEVARÁ AO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN DEFENSA DO PLANTEL DA EMPRESA POLIGAL
A CORPORACIÓN LOCAL LEVARÁ AO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN DEFENSA DO PLANTEL DA EMPRESA POLIGAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu hoxe a xuntanza que os portavoces da corporación local mantiveron no Concello con representantes dos traballadores da empresa
Narón, 25 de febreiro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu hoxe a representantes dos traballadores da empresa Poligal tras anunciar o pasado venres a dirección da compañía a presentación do concurso de acreedores e o cese inmediato da actividade da planta, unha decisión que sorprendeu aos traballadores e traballadoras. Acudiron tamén á xuntanza os portavoces de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García; BNG, Teresa Sabio; PP, Marcos López; EU, André Abeledo e ENE, Alfonso Casal.
No transcurso da reunión os representantes dos traballadores, co presidente do comité de empresa, Rafael Souto, á fronte, informaron aos integrantes do goberno local sobre a situación e comunicaban o seu rexeitamento á decisión do Grupo Peralada, ao entender o colectivo que “a empresa ten futuro e viabilidade” e considerando que “non existen razóns xustificadas para unha medida tan drástica”. Os traballadores e traballadoras aseguran que non agardaban esta decisión e inciden en que foi desde Narón “desde onde Poligal expandíu a súa actividade levantando fábricas en Portugal e Polonia coas que agora ten que competir”.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, púxose en contacto co presidente do comité de empresa o pasado venres tras coñecer a decisión da empresa do cese da actividade. Souto solicitoulle unha reunión para o luns –hoxe- que finalmente se celebrou con tódolos portavoces da corporación local. Na xuntanza mantida no Concello Ferreiro comunicoulles que xa se solicitou unha entrevista co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a quen se explicou a situación, e tamén se remitiu un escrito ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosándolle a “gran preocupación pola gravidade da situación e a posible perda de máis de cen postos de traballo” e instándoo a que, “na medida das súas competencias intermedie nesta situación en aras dunha solución a este problema”.
A maiores, Ferreiro, solicitará unha entrevista cos responsables do Grupo Perelada, co fin de intermediar tamén entre a empresa e os traballadores para tratar de revertir a decisión do cese de actividade da planta de Poligal na Gándara.
A alcaldesa explicou que o vindeiro xoves, día 28, os traballadores intervirán no pleno municipal e tamén se levará ao pleno unha declaración institucional en defensa do plantel de Poligal.
Rematada a reunión, Ferreiro reuniuse fronte ao Concello con traballadores da empresa que se concentraron esta mañá para reiterarlles o total respaldo ao plantel da compañía e ofrecer a súa colaboración “para calquera medida que consideredes oportuna a maiores das que imos tomar desde o Concello, estando á vosa total disposición para tratar de solventar este problema”.
Representantes da corporación local xa manifestaron o seu apoio ao plantel de Poligal -108 persoas- na concentración que tivo lugar o pasado sábado na Praza de Galicia para esixir que non se pechen as instalacións da avenida do Mar, no polígono industrial da Gándara.
A fábrica de film de polipropileno pertence ao grupo catalán Peralada, que alega pérdidas para xustificar o cese da actividade da empresa, que comezou a súa actividade en Narón no ano 1991 e que na actualidade conta con dúas plantas de máis recente creación, unha en Portugal e outra en Polonia, operativas desde 2008 e 2017, respectivamente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal