Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CÓMICO LUIS PIEDRAHITA E O MÚSICO XOEL LÓPEZ ABRIRÁN A PROGRAMACIÓN DO MES DE ABRIL NO PAZO DA CULTURA
O CÓMICO LUIS PIEDRAHITA E O MÚSICO XOEL LÓPEZ ABRIRÁN A PROGRAMACIÓN DO MES DE ABRIL NO PAZO DA CULTURA
O monólogo de Piedrahita poderá verse mañá ás 20.30 horas e o concerto de Xoel López será o sábado ás 20.00 horas
Narón, 4 de abril de 2019. O monólogo teatral e a música voltarán esta fin de semana ao Pazo da Cultura da man da compañía Etiqueta Negra, que traerá ao cómico Luis Piedrahita, e de Xoel López, que presentará o seu último disco, Sueños y Pan. Dous artistas galegos protagonizarán a programación cultural de mañá e do sábado no Pazo.
O monólogo Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, do cómico galego Luis Piedrahita, abrirá a programación deste mes de abril no Pazo da Cultura. O show poderá verse mañá, ás 20.30 horas, da man da compañía Etiqueta Negra e o público poderá desfrutar co humor de Piedrahita, centrado nunha filosofía de vida propia e no que a espera e o humor teñen un papel principal.
As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo en venda anticipada de 18 euros no patio de butacas; 16 na platea 1 e 14 na platea 2, se ben o día do espectáculo o prezo será de 20 euros no patio de butacas, 18 na platea 1 e 16 na platea 2.
O músico coruñés Xoel López actuará o sábado, a partir das 20.00 horas e coa decena de temas do seu novo traballo, Sueños y Pan (2017) reivindica o pan para poder soñar e construír un novo espazo. Este disco é o terceiro traballo en solitario de López e o décimo cuarto da súa carreira musical. Entre as cancións combínanse diferentes estilos musicais, froito dunha nova etapa de López, con este disco, último da triloxía en solitario que forman Atlántico e Paramales, dos anos 2012 e 2015 respectivamente. As entradas teñen un prezo de 25 euros para o público xeral e 17,50 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal