Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÉXITO DE CONVOCATORIA DO FORO EMPRESA NARÓN QUE CELEBRA A SÚA PRIMEIRA EDICIÓN NO PAZO DA CULTURA
ÉXITO DE CONVOCATORIA DO FORO EMPRESA NARÓN QUE CELEBRA A SÚA PRIMEIRA EDICIÓN NO PAZO DA CULTURA
Profesionais de diversas empresas interveñen nesta convocatoria celebrada hoxe no Pazo e que reúne a máis de trescentas persoas
Narón, 11 de abril de 2019. A primeira edición do Foro Empresa Cidade de Narón celébrase hoxe no Pazo da Cultura. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, foi o encargado de presidir o acto inaugural desta convocatoria –desculpando a ausencia por motivos de última hora da alcaldesa, Marián Ferreiro, que acudiu posteriormente ao evento-, dirixida a empresarios, emprendedores e alumnado de FP Dual e que xorde co obxectivo de convertirse nun evento empresarial de referencia en Ferrolterra. Máis de trescentas persoas inscribíronse neste evento, no que profesionais de diferentes sectores vencellados á empresa compartiron ideas, reflexións e experiencias cos asistentes. Transformación dixital, desenvolvemento de persoas, mediación, interim manager, emprendemento e mercados forman parte da programación deste foro, que reuniu a unha vintena de ponentes destas materias.
O trainer en comunicación e director da Escola Inventa, Eloy Gesto, encargouse de presentar o evento e conducir o programa, dando paso aos poñentes e compartindo a conclusión das diferentes fases. Trala súa intervención inicial Gesto cedeulle a palabra ao edil naronés Manuel Ramos, que deu a benvida aos participantes no Foro Empresa Cidade de Narón e agradeceu a implicación dos profesionais que intervirán no mesmo. “O de hoxe é un evento que reafirma e constata o compromiso que sempre tivo e continúa tendo este Concello co sector empresarial da nosa cidade”, asegurou, destacando a diversificación industrial da cidade, “que é a que contribúe a enriquecer o amplo tecido empresarial de Narón”.
O concelleiro de Urbanismo de Narón incidiu en que a cidade é “cabeceira da comparca de Ferrolterra na área industrial” e subliñou que iso se debe, maioritariamente, “á firme aposta que empresarios e emprendedores realizaron para desenvolver a súa actividade desde Narón”. “A todas estas persoas brindamos todo o noso apoio e colaboración no ámbito das nosas competencias como administración local”, subliñou Ramos. Trala intervención do edil naronés subiu ao escenario, en representación da organización, Rodrigo García, Interim Manager que agradeceu a implicación do Concello neste acto “desde o primeiro momento no que o plantexamos, poñendo á nosa disposición todas as facilidades”.
A primeira ponencia correu a cargo do italiano e responsable de Comunicación en España de Banco Mediolanum, Luca Lazzarini, que falou sobre “Razones para el optimismo”. A base de exemplos prácticos comezou Lazzarini unha amena intervención que espertou un gran interese entre o público que interactuou co italiano. Lazzarini destacou que vivimos “nun mundo totalmente conectado no que a información flúe e no que se fala da cuarta revolución industrial” e asegurou que xeralmente, “ante os posibles cambios sempre temos medo” e, desgranando as características das persoas optimistas e pesimistas, cloncluíu subliñando que “o optimismo é a actitude necesaria”.
“A mediación como instrumento eficaz na xestión do conflito”, unha mesa na que interviñeron Emiliano Carretero, experto en mediación, e a abogada Patricia Vilar, tamén mediadora; unha ponencia sobre “Interim Management” do CEO José Luis Portela, unha tertulia coa escritora Belén Varela e a coach Alejandra Mosteiro; unha ponencia sobre “In-seguridade 2.0” de Rafael Villaverde e a realización dunha auditoría en directo, con Daniel Cerqueiro e Manuel Pan, completan a programación matinal.
Pola tarde o Foro Empresa Narón retomarase a partir das 16.00 horas e sucederanse unha mesa sobre Interim Manager na que participarán Aurelio Louro, Esther Vázquez e Beatriz Estévez, expertos na materia; outra vencellada ás administracións, na que participarán Norberto Penedo, director de área Comercial do Igape, Rafael Díaz, xefe de Promoción Económica da Deputación da Coruña, e Ánxela Lagoa, en representación do Concello de Narón. Sobre “Algoritmos e algoritmia” falará David Conde e novamente Alejandra Mosteiro intervirá plantexando un caso de éxito de coaching empresarial. Finalmente, realizarase o “xogo do emprendedor”, con Manuel Dafonte, no que intervirán varios empresarios de Narón e comarca e pechará o evento o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal