Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO AMPLÍA A OFERTA DE LECER NO PASEO DE XUVIA CUNHA PISTA MULTIDEPORTE E DOUS XOGOS DE AREA
O CONCELLO AMPLÍA A OFERTA DE LECER NO PASEO DE XUVIA CUNHA PISTA MULTIDEPORTE E DOUS XOGOS DE AREA
Os traballos da pista multideporte, igual ás xa operativas no Alto e na Gándara, iniciaranse a vindeira semana e os dous xogos de area son para menores a partir de tres anos
Narón, 27 de abril de 2019. A vindeira semana comezarán no paseo marítimo de Xuvia as obras dunha nova pista multideporte, a terceira da cidade tralas que están xa operativas nas zonas do Alto e A Gándara. Estes traballos, complementaranse con dúas zonas delimitadas con area que ofrecerán dous novidosos xogos para o tempo de lecer nesa zona, próxima ao parque infantil e biosaudable do paseo de Xuvia. En conxunto, o investimento a realizar para ampliar a oferta de lecer neste paseo da cidade, ascende a uns 40.000 euros, tal e como apuntou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro.
A nova pista multideporte de Xuvia terá as mesmas características que as do Alto e A Gándara. As instalacións terán unhas dimensións de 20x10 metros, e estarán dotadas con dúas porterías grandes e catro de menor tamaño, dúas canastras e dous postes centrais nos que se poderá colocar unha rede para practicar deportes como o tenis, o voleibol… En total, nestes equipamentos poden practicarse ata oito modalidades deportivas diferentes ao aire libre.
A maiores, nesa zona do paseo instalarase un novo xogo infantil, unha escavadora que se localizará sobre unha superficie delimitada e en cuxo interior haberá area. Trátase dun xogo recomendado para nenas e nenos maiores de 3 anos que consta dunha escavadora realizada en tubos de aceiro inoxidable e cun asento e mangos de manexo de goma. A escavadora pode realizar xiros de 360º e tanto o brazo como a pala poden moverse.
O segundo dos xogos a instalar, novidoso tamén na cidade, é coñecido como “peke”, dirixido tamén a nenas e nenos maiores de 3 anos e para un máximo de oito usuarios/as ao mesmo tempo. Trátase dunha proposta interactiva e inclusiva na que os menores terán que ir cargando uns cubos con area e dirixíndoos –tirando de cadeas ou empuxándoos- a diferentes fases do xogo ata chegar ao punto final donde deben depositar nuns recipientes a area que logren trasladar da recollida inicialmente.
A pista multideporte e os dous xogos con area completarán a ampla variedade de xogos do paseo marítimo de Xuvia, que conta ademáis cun parque infantil, outro biosaudable, un Circuíto Vita, e unha tirolina cunha lonxitude duns vinte metros –para menores de 4 a 12 anos-. “A próxima posta en servizo da pista multideporte e dos dous xogos de area, novidosos no noso concello, ofrecerán á veciñanza de Narón e doutros concellos novas propostas deportivas e de lecer dirixidas a persoas de diferentes idades, completando a actual oferta existente no paseo de Xuvia”, destacou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal