Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE NENAS E NENOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE NENAS E NENOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
As familias dispoñen de prazo, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, ata o 13 de maio para efectuar reclamacións no caso de consideralo oportuno
Narón, 6 de maio de 2019. Os pais e nais que solicitaron por primeira vez a admisión dos seus fillos, de 0 a 3 anos, nalgunha das tres escolas infantís municipais -A Solaina, A Gándara e Piñeiros- para o curso 2019/2020 poden consultar os listados provisionais a través da páxina web do Concello (http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/), nas propias escolas infantís e tamén no Concello, a través do Rexistro Municipal (na entrada) ou do Servizo Sociocomunitario (no primeiro andar). O prazo para presentar posibles reclamacións a este listado provisional rematará o vindeiro 13 de maio, tal e como recordou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.
Para o curso 2019/2020 rexistráronse un total de 150 solicitudes de praza nas tres escolas infantís municipais. Do total, 19 solicitudes son para nenos e nenas nados en 2019 (de 0 a 1 anos), que obtiveron todos praza; no caso dos nados en 2018 (1 a 2 anos) contabilizáronse 77 novas solicitudes, para xornada escolar, completa ou media e obtiveron praza 33, quedando en lista de espera 44 menores e, por último, para os nados en 2017 (2 a 3 anos) realizáronse 54 peticións de novas prazas, admitíndose 44 e quedando en espera 10 persoas (neste caso as demandas foron para xornada escolar, completa, media e partida).
A concelleira de Ensino explicou que unha vez rematado o prazo de exposición pública, para realizar alegacións no caso de consideralo oportuno, procederase a elaborar as listaxes definitivas para, posteriormente, formalizar as matrículas do vindeiro curso. É precisamente nese momento cando poden liberarse algunhas prazas, ao darse casos, tal e como indicou Taibo, de familias que solicitan escolas infantís noutros municipios, e que poden causar baixas nos listados do municipio.
As escolas infantís municipais abren as súas portas en horario de 7.30 a 20.00, rexistrándose para o vindeiro curso unha demanda considerablemente superior no caso da xornada completa para os menores de 1 a 2 e de 2 a 3 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal