Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A DELEGACIÓN DE AGA EN FERROLTERRA CONMEMORARÁN O DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS
Os actos programados para a ocasión desenvolveranse esta fin de semana, o sábado e o domingo en Sedes e no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Narón, 15 de maio de 2019. O vindeiro 20 de maio conmemórase o Día Mundial das Abellas e con motivo desta data, o Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizaron varios actos, que se celebrarán esta fin de semana, o sábado e o domingo. Na xornada do sábado 18 programouse un obradoiro de “Licores artesanais de mel” e outro sobre “Elaboración de xabróns do apicultor”, que comezarán ás 10.00 horas no local social da AVV Rosa dos Ventos, en Sedes. As persoas que desexen asistir terán a oportunidade de degustar os licores que lles aprenderán a elaborar e tamén poderán levar para as súas casas os xabróns que realizarán artesanalmente, así como os apuntes que lles entregará en formato dixital o persoal de AGA. Para anotarse aos obradoiros é preciso facelo a través do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com e abonar unha cota por asistente e día de obradoiro de 10 euros os socios/as de AGA e 50 o resto. Na xornada do domingo día 19 a programación desenvolverase no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, donde haberá unha charla ás 10.30 horas, a cargo de persoal de AGA, sobre a “Importancia das abellas e polinizadores e como protexelos” e tamén se impartirá o obradoiro “Stop Velutina”, no que se explicará como realizar trampas selectivas para capturar esta especie invasora e tamén arpas.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es