Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNHA ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL DIRIXIDA A MENORES MATRICULADOS NA LUDOTECA MUNICIPAL
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNHA ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL DIRIXIDA A MENORES MATRICULADOS NA LUDOTECA MUNICIPAL
A convocatoria, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, terá lugar o 6 de setembro na área medioambiental do Río Xuvia
Narón, 29 de agosto de 2019. O Concello organiza unha actividade medioambiental, de balde, a través da Ludoteca municipal da Solaina, dirixida aos usuarios e usuarias das citadas instalacións. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que a convocatoria terá lugar o vindeiro 6 de setembro na área medioambiental Río Xuvia, en Pedroso, dende as 10.30 ata as 13.30 horas. A edil naronesa explicou que para poder asistir é preciso que os menores estean matriculados na Ludoteca municipal e teñan entre 3 e 12 anos, debendo formalizarse as inscricións desta actividade –hai quince prazas- na propia Ludoteca de luns a venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas a partir do vindeiro luns, día 2 e ata o 5 de setembro.
Os nenos e nenas que asistan a esta actividade adquirirán coñecementos sobre elaboración tradicional de marmeladas, sobre xogos populares e tamén poderán iniciarse no cultivo de produtos da horta, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas.
En canto aos desprazamentos ata a área do Río Xuvia, o Concello habilitará un servizo de autobús que recollerá aos participantes ás 10.00 horas na Ludoteca municipal da Solaina (avenida de Santa Icía, 94) para regresar á mesma ubicación sobre as 14.00 horas. Os nenos e nenas estarán en todo momento acompañados polas educadoras da Ludoteca municipal.
As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo chamando ao número de teléfono 981 389 284.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal