Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OBRAS AO "XI CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN" REMATARÁ ESTE XOVES
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OBRAS AO
O certame repartirá 2.850 euros en premios e o acto de entrega dos mesmos terá lugar o 23 de novembro, coincidindo coa festividade do Día de Narón, no Pazo da Cultura
Narón, 29 de outubro de 2019. O Padroado da Cultura de Narón pechará o este xoves, día 31, o prazo de presentación de obras á undécima edición do “Concurso de Pintura Cidade de Narón”. Así o indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, que recordou que o fallo do certame terá lugar o 15 de novembro e os premios entregaranse o 23 de novembro, coincidindo co Día de Narón, festividade local, no Pazo da Cultura. O certame repartirá unha partida total de 2.850 euros en premios.
Poderán presentarse obras en dúas categorías, unha dirixida a persoas adultas, a partir de 16 anos, e outra infantil, ata 15 anos, se ben esta última será un certame fóra do propio concurso. Os premios da categoría adulta serán de 1.500 euros para o traballo mellor valorado por un xurado especializado; 750 para o segundo premio e 400 para o terceiro. A maiores, ao igual que en edicións anteriores, entregarase o Premio Especial Francisco Criado, valorado en 200 euros e que se convoca en recordo ao falecido pintor local Francisco Criado, que foi veciño da parroquia naronesa de San Xiao, donde se celebrou por primeira vez este certame. A obra gañadora pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura e o autor ou autora non poderá presentarse ás dúas vindeiras edicións deste concurso, se ben terá dereito a unha exposición de quince días da súa obra no Pazo da Cultura naronés. As persoas cuxas obras resulten seleccionadas para a fase final do certame recibirán un diploma acreditativo e verán tamén as súas obras expostas no Pazo do 11 ao 23 de novembro.
Cada autor pode presentar unha obra, que debe ser orixinal, entregar sin sinatura e con técnica e estilo libres, tal e como se contempla nas bases do certame.
As obras deben entregarse nas instalacións do Pazo da Cultura (rúa Holanda, s/n; 15.570, Narón), en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. As bases ao completo do certame poden consultarse a través da páxina: http://www.naron.es/web/docs/Diptico_XI_concurso_pintura.pdf.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal