Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DIFUNDE OS RECURSOS DA ACCIÓN COLECTIVA "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS"
O CONCELLO DIFUNDE OS RECURSOS DA ACCIÓN COLECTIVA
A administración local contribúe nas tarefas de sensibilización cidadá sobre prevención da violencia de xénero
Narón, 31 de marzo de 2020. O Concello de Narón informa á sociedade en xeral da necesidade de manter activas todas as alarmas para, durante o estado de alarma, evitar posibles casos de violencia de xénero. Dende a acción colectiva En Negro contra as violencias, de sensibilización social contra as violencias machistas, recordaron que as persoas que precisen axuda ante situacións deste tipo deben chamar aos números de teléfono habilitados para tal fin, o 112 e o 016 co fin de denunciar este tipo de delictos.
Entidades e particulares que o desexen poden colaborar na campaña impulsada dende o colectivo En Negro contra as violencias difundindo e visibilizando o material específico que se pode descargar nos enlaces: https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl/descargas/xenericas e
https://ennegrocontraasviolencias.gal/es/novedades/no-podemos-enmudecer-en-el-confinamiento. Entre o material ao que se pode acceder dende os mesmos, está o rótulo “A veciña contra as violencias”, pensado para colocar nun lugar visible das nosas vivendas e no que se pode escribir un nome e un teléfono ou mail por se alguén precisa falar ou contactar con outras persoas por estar vivindo unha situación de violencia de xénero. Esta é unha das iniciativas que se impulsan a través da campaña En Negro contra as violencias mentres estea en vigor o confinamento decretado polo estado de alarma debido ás medidas de prevención para frear o avance do Covid-19.
A medida responde, tal e como se explicou dende o colectivo, a que o estado de alarma no que nos atopamos “coloca nunha situación extremadamente delicada a moitas mulleres que teñen que convivir co seu agresor”, sinalan, e co fin de evitar que se repunten os casos de violencia de xénero debido a este fin.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal