O CENSO PARA AS PRÓXIMAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS PODERÁ CONSULTARSE NO CONCELLO A PARTIR DO VINDEIRO LUNS
As persoas que desexen consultar os seus datos censais poderán facelo ata o vindeiro 1 de xuño, incluído
Narón, 21 de maio de 2020. O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo permanecerá a exposición pública dende o vindeiro luns día 25 de maio, ata o 1 de xuño, ambos inclusive, no Concello. A consulta pode realizarse por internet na páxina do INE (www.ine.es) co DNI dixital, pero as persoas que o desexen poden consultalo a través do Negociado de Estatística do Concello, chamando por teléfono ao 981 337 700 (extensións 1506 e 1508) de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas ou escribindo un correo electrónico –achegando foto do DNI da persoa- aos correos electrónicos: f.castro@naron.es ou m.yanez@naron.es.
Así mesmo, habilitáronse uns teléfonos de consulta do censo electoral a través do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a sábado, de 9.00 a 14.00 horas.