Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE ABRIRÁ AO PÚBLICO DENDE O VINDEIRO 1 DE XULLO ATA FINAIS DE OUTUBRO
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE ABRIRÁ AO PÚBLICO DENDE O VINDEIRO 1 DE XULLO ATA FINAIS DE OUTUBRO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, explicou que dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas que formaban parte da bolsa de emprego municipal se encargarán de atender as instalacións
Narón, 29 de xuño de 2020. O vindeiro 1 de xullo e ata finais do mes de outubro abrirá as súas portas a Oficina de Turismo de Narón, ubicada en Freixeiro. O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas e que formaban parte da bolsa de emprego municipal que atenderán as instalacións. A subvención concedida é para catro meses, tempo no que permanecerá operativa a oficina, tal e como indicou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida.
O horario de apertura será de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados e os domingos abrirá de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas, según avanzou a concelleira de Turismo da cidade, Natalia Hermida. Os días festivos as instalacións permanecerán tamén abertas no seu horario habitual.
“A crise sanitaria obrigounos a pospoñer a reapertura da oficina este mes, tal e como estaba previsto”, explicou Hermida, que subliñou que “funcionará con plenas garantías sanitarias tanto para o persoal que a atende, que terá á súa disposición os medios precisos, como para as persoas que se acheguen ata as instalacións para solicitar información sobre a cidade en particular ou do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, asegurou Hermida.
As persoas que o desexen tamén poden poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, mentres estea aberta ao público, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal