Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O SERVIZO HABILITADO POLO CONCELLO PARA ASESORAR SOBRE O INGRESO MÍNIMO VITAL ATENDEU NO ÚLTIMO MES A MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS
O SERVIZO HABILITADO POLO CONCELLO PARA ASESORAR SOBRE O INGRESO MÍNIMO VITAL ATENDEU NO ÚLTIMO MES A MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, indicou que o servizo, dirixo ás veciñas e veciños de Narón, continuará operativo ata o 30 de setembro na Casa da Mocidade
Narón, 2 de setembro de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, indicou que servizo de asesoramento e información para solicitar a prestación do Ingreso Mínimo Vital (IMV), posto en marcha hai un mes, atendeu a máis dun centenar de veciñas e veciños da cidade. A edil naronesa recordou que este servizo continuará funcionando ata o vindeiro 30 de setembro nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara. As persoas empadroadas en Narón interesadas en recibir orientación para a obtención do IMV deben desprazarse á citada ubicación de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e os martes de 16.00 a 21.00, solicitando previamente unha cita no teléfono 622 155 806 ou a través do correo electrónico: naronrentaminimavital@gmail.com. As solitides do IMV que se realicen ata o día 15 de setembro, incluído, terán carácter retroactivo, se ben non será ese o caso das que se realicen con posterioridade, recordou García.
“O procedemento que se segue contempla que no caso de non poder realizar os trámites con indicacións telemáticas se asigne unha cita presencial a esa mesma persoa para axudarlle”, indicou. “Dende o Concello queremos recordar que este servizo continúa operativo, informando, asesorando e orientando ás veciñas e veciños que precisen axuda para solicitar estas prestacións, que se cumplimentan de xeito telemático”, apuntou García.
A concelleira de Benestar Social incidiu no feito de que as persoas que cobran a Renta de Inclusión Social de Galicia (Risga) deben tramitar estas axudas, tal e como establece a normativa vixente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal