Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LICITA EN 101.000 EUROS A MELLORA DE ACCESIBILIDADE DO CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ
O CONCELLO LICITA EN 101.000 EUROS A MELLORA DE ACCESIBILIDADE DO CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que as empresas interesadas en realizar as obras dispoñen de prazo ata o 29 de setembro para presentar as súas ofertas
Narón, 14 de setembro de 2020. As empresas interesadas na execución das obras contempladas no proxecto de mellora de accesibilidade do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, poden presentar as súas ofertas no Consistorio ata o vindeiro 29 de setembro. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que o importe de licitación ascende a 100.972 euros e que o prazo para a realización dos traballos é de catro meses.
“Trátase dunha intervención moi necesaria nesta construción, de dúas plantas e na que se imparten ao longo do ano varios cursos formativos dirixidos a diferentes colectivos”, asegurou a alcaldesa. Ferreiro indicou que “unha das actuacións a levar a cabo no edificio será a instalación dun ascensor, para mellorar a accesibilidade entre as dúas plantas, comunicadas por escaleiras e cun salvaescaleiras”. A maiores, no proxecto tamén se contempla a dotación de vestiarios accesibles, a adaptación das portas, e melloras de sinalización –que inclúe un sistema de alarma con sinais visuais, ademais das acústicas que xa están instaladas-, así como a habilitación dun itinerario peonil accesible dende a praza de estacionamento accesible –no interior da parcela- ata o acceso ao edificio, salvando unha zona pendiente da rúa.
“Ás melloras de accesibilidade sumaranse polo tanto outras en materia de seguridade, encamiñadas a dotar ao Centro de Formación Irmás Froilaz dunha serie de medidas e servizos dos que carece na actualidade e que permitirán dispoñer dunhas instalacións máis axeitadas para as usuarias e usuarios das mesmas”, recalcou a alcaldesa.
Así mesmo, a rexedora local apuntou que os traballos se cofinanciarán coa administración provincial, con cargo ao Plan Único de Concellos POS+ 2020 e destacou “os investimentos que se están realizando nos últimos anos dende as arcas locais tanto en edificios públicos como en viais da cidade para facer de Narón unha cidade máis accesible”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal