POSPOSTA A PROXECCIÓN DA PELÍCULA MÍA Y EL LEÓN BLANCO PREVISTA PARA O SÁBADO 17 EN XUVIA
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, manifestou que dita proxección trasladarase a próximas datas que serán anunciadas con anterioridade
Narón, 15 de outubre de 2020. A sesión de autocine previsto para o vindeiro sábado en Xuvia da película Mía y el león blanco, enmarcada no ciclo “Noites de autocine” organizado polo Concello en colaboración coa A.VV Altea de Xuvia, queda posposta polas previsións meteorolóxicas adversas para a mencionada xornada. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, manifestou que dita proxección trasladarase a próximas datas que serán anunciadas previamente.