Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINARÁ UNHA PARTIDA DE 33.000 EUROS A INSTALAR ALUMEADO LED NA ESTRADA DO FEAL
O CONCELLO DESTINARÁ UNHA PARTIDA DE 33.000 EUROS A INSTALAR ALUMEADO LED NA ESTRADA DO FEAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que a materialización do proxecto cumpre un compromiso adquirido no seu día coas veciñas e veciños da zona
Narón, 22 de xaneiro de 2021. O Concello acometerá no primeiro trimestre do ano a substitución do alumeado público da estrada do Feal, a DP-5407. “Destinaremos unha partida de 33.000 euros a instalar alumeado led neste vial, que comunica a zona de O Ponto coa do polígono de As Lagoas”, explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
A rexedora local recordou que a materialización deste proxecto suporá o cumprimento dun compromiso adquirido no seu día dende o goberno local coa veciñanza da zona. “A partida orzamentaria xa está reservada para poder acometer uns traballos que nos permitirán continuar avanzando en materia de eficiencia enerxética en todo o termo municipal”, indicou. A alcaldesa destacou que ás melloras medioambientais pola redución de emisións de dióxido de carbono á atmósfera e ás económicas polo aforro de custes tanto na factura da luz como no mantemento, “súmase o feito de que a iluminación terá máis calidade neste vial, cunha elevada densidade de tráfico a diario e no que se localizan varias vivendas e un centro de ensino”.
Así mesmo, Ferreiro recalcou que “dende o goberno local continuaremos urxindo á Deputación da Coruña, titular do citado vial, que se axilice o proxecto de mellora da estrada do Feal, co que nos comprometemos tamén a colaborar dende o Concello para que canto antes sexa unha realidade”. A rexedora local incidiu na importancia de anchear o vial e dotalo de beirarrúas, “para así ofrecer maior seguridade tanto no referente ao tráfico rodado como ao tránsito peonil”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal