REUNIÓN DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA COMPAÑÍA DE SERVIZOS MEDIOAMBIENTAIS DO ATLÁNTICO S.A. (COSMA S.A.)
Entre os asuntos tratados, incoación de dous expedientes de licitación de obras, en Ferrerías e na parroquia de O Val-Outeiros
Narón, 29 de marzo de 2021. Na mañá de hoxe tivo lugar no Concello a reunión do Consello de Administración da Compañía de Servizos Medioambientàis do Atlántico COSMA S.A. presidido pola alcaldesa Marián Ferreiro, e coa asistencia do Secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado, o edil de Servizos, Ibán Santalla, o Xerente de COSMA, José Manuel Marcote, o representante do resto de socios/as de COSMA, Jose Luis Ibáñez, o portavoz do PSdeG, David Pita, o portavoz do PP, Germán Castrillón e a portavoz do BNG, Olaia Ledo.
Na reunión tratáronse, entre outros asuntos, a incoación de expediente de licitación de obra de “Ampliación da rede de saneamento na parroquia de O Val – Outeiros” que afectará a cerca de 90 vivendas, uns 4,3 Kilómetros de rede e un bombeo, cun importe de 493.037,68 euros.
Así mesmo, tratouse a incoación de expediente de licitación de obra de “Renovación e reforzo na rede de abastecemento do Trece” coa renovación de 1 Kilómetro de rede de abastecemento, renovación de 54 acometidas e un grupo de presión para poñer en servizo a rede de abastecemento de Ferrerías. Esto daría servizo en torno a unhas 80 vivendas.