ENTREGA DE DIPLOMAS NO CONCELLO A 21 PARTICIPANTES NO CURSO ONLINE SOBRE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS DIRIXIDO A PERSOAL DO SECTOR HOSTALEIRO
Unha formación específica en hixiene alimentaria e a normativa vixente ao respecto foron a base fundamental dos contidos impartidos no curso
Narón, 30 de marzo de 2021. A acción formativa dirixida a persoal do sector da hostalería, e impartida online, contou coa participación de 21 persoas que poden pasar a recoller os seus respectivos diplomas na segunda pranta do Concello en horario de 8.30 a 13.30 horas.
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que a través deste curso facilitase, a traballadores e traballadoras do sector, unha formación específica en hixiene alimentaria para que dispoñan dos recursos necesarios para cumprir a normativa e as instrucións sanitarias en vigor sobre esa materia.
A través deste curso online, con contidos multimedia, facilitouse a flexibilidade de horarios para que as persoas participantes puideran compatibilizar a actividade particular ou laboral coa formación necesaria para que, as persoas que o precisen, poidan obter o certificado de manipulador de alimentos.