Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ENTREGOU OS PREMIOS DA PRIMEIRA EDICIÓN DO "CONCURSO CONCELLO DE NARÓN DE FOTOGRAFÍA POLA IGUALDADE PARA ESCOLARES"
O CONCELLO ENTREGOU OS PREMIOS DA PRIMEIRA EDICIÓN DO
As edís de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse ao CPR Jorge Juan e o CEIP Virxe do Mar para entregar os agasallos do certame
Narón, 7 de abril de 2021. As concelleiras de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse esta mañá aos colexios Jorge Juan e Virxe do Mar de Narón para entregar os premios do “I Concurso Concello de Narón de Fotografía pola Igualdade para Escolares”, organizado polo Concello con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Todos os alumnos e alumnas que participaron na convocatoria recibiron como agasallo un diploma que acredita esa participación e tamén unha bolsa reutilizable, unha libreta e un bidón de aluminio para a auga conmemorativo desa data. Pola súa banda os dous centros recibiron xogos educativos para utilizar nas aulas –que se entregarán en todos os colexios- un diploma tamén pola súa participación e un lote de libros sobre a temática da Igualdade para a biblioteca destes dous centros.
Na categoría de quinto de primaria os gañadores foron: o traballo titulado “Nós sumamos”, presentado por Alexia Pita de Carvalho, Antía Lagares, Miguel Porto e Bolívar R. Román, do CPR Jorge Juan, e o que levou por título “Así me sinto eu”, de Sabela Gómez, do CEIP Virxe do Mar. No que respecta á categoría de sexto de Primaria o traballo premiado do CRP Jorge Juan foi: “Nin primeiras nin derradeiras...”, no que participaron dous grupos de cinco persoas cada un: Victoria de Freitas, Daniel Espada, Carmen Faure, Noa Ardao, Julián Rodríguez, Natalia Santabaya, Santiago Izquierdo, Julia Rodeiro, Daniel Martínez e Sofía Prados e no CEIP Virxe do Mar obtivo o premio “Eu cociño sempre”, de Icía Dopico.
A creatividade, orixinalidade, adecuación ao tema, capacidade e claridade para transmitir a mensaxe e o grao de contribución á sensibilización e concienciación na poboación escolar en materia de Igualdade foron os criterios que valorou o xurado á hora de premiar os traballos presentados.
As edís naronesas felicitaron ao alumnado dos dous centros e agradeceron a súa implicación, destacando a necesidade de continuar traballando xuntos “para acadar a tan necesaria igualdade real entre homes e mulleres”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal