Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO PRETENDE SACAR O PLÁSTICO DO MAR PARA DARLLE VALOR FÓRA
O PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO PRETENDE SACAR O PLÁSTICO DO MAR PARA DARLLE VALOR FÓRA
Os Concellos de Ferrol, Fene e Narón colaboran, xunto con outras entidades e asociacións, no desenvolvemento de Ártabro Inclusivo, un proxecto que nace ao abeiro do GALP Golfo Ártabro
Narón, 28 de octubre de 2021. Sensibilizar ao sector pesqueiro do impacto ambiental e social dos residuos plásticos mariños e fomentar o aproveitamento e posta en valor destes refugallos a través de iniciativas e obradoiros de integración
social son os obxectivos básicos cos que nace Ártabro Inclusivo, un proxecto que desenvolverán conxuntamente os Concellos de Fene, Ferrol e Narón ao abeiro do GALP Golfo Ártabro e que esta mañá foi presentado na cidade naval.
A iniciativa ten un orzamento global de 60.348,55 euros, cofinanciados pola UE (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) e A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar. Ademais dos tres concellos, implica tamén a outras entidades e institucións coma Aspaneps, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, a Universidade da Coruña -a través do Laboratorio de Plásticos e da Escola Universitaria de Deseño Industrial-, o CIFP Ferrolterra e as confrarías de pescadores e mariscadores de Barallobre (Fene) e Ferrol.
Seguindo o lema “Fóra do mar o plástico ten valor”, durante este ano e o que vén, emprenderanse no marco deste proxecto actividades de carácter divulgativo e de sensibilización medioambiental, así como accións concretas de limpeza e recollida de residuos plásticos en varias praias e puntos estratéxicos dos tres concellos.
Este lixo será a materia prima coa que usuarios de Aspaneps e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal desenvolverán dous obradoiros encamiñados a promover a integración e a inclusión social e, ao mesmo tempo, a economía circular.
Os talleres estarán encamiñados, por unha banda, a darlle unha segunda vida aos refugallos; pero tamén a valorizar os novos produtos que deles resulten. En ámbolos dous casos, estas entidades estarán asesoradas e formadas por
persoal chegado do Laboratorio de Plásticos e da Escola Universitaria de Deseño Industrial da Universidade da Coruña.
Presentación
O Concello de Ferrol acolleu esta mañá a presentación dun proxecto que exemplifica o mellor da colaboración entre as administracións locais. Una iniciativa da que Ana Basoa, concelleira de Promoción Económica e Turismo do Concello
de Fene, quixo destacar a súa transversalidade, poñendo o aceno nas distintas liñas de acción que abrangue, tales como “valorizar os residuos mariños, sensibilizar á poboación do impacto deste lixo e tamén ao sector pesqueiro da
importancia de coidar o seu medio de vida. Ademais, afonda na inclusión social a través do traballo de asociacións coma Aspaneps ou Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal”.
Desde 1950, en todo o mundo producíronse máis de 8.000 millóns de toneladas de plásticos, dos que 6.000 millóns convertéronse en residuos. Só unha pequena parte deles, concretamente o 9%, foi reciclado. Os datos aportados pola concelleira de Narón Catalina García contextualizan o que dende a comunidade Precious Plastic denominan “contaminación plástica”. Deste colectivo foi esa idea na que se inspira o proxecto Ártabro Inclusivo de combater esta lacra dándolle unha nova utilización a estes refugallos. Para iso, explicaba a concelleira, “adquiriranse máquinas para que os usuarios de Saúde Mental e Aspaneps lle dean nova utilidade ao plástico e poidan crear tamén novas liñas de
actividade nos seus centros”.
Nesta parte do proxecto xogará un papel fundamental tanto o persoal do Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña, coma o da Escola Universitaria de Deseño Industrial. Ana Ares, responsable de calidade do primeiro destes departamentos, explicaba que entre os seus cometidos estará “asesorar ás entidades para separar adecuadamente os refugallos, porque o plástico que hai no mar é de moitos tipos e para facer unha peza dunhas propiedades concretas
hai que escollelo de forma axeitada”. Así mesmo, participarán activamente na formación en canto ás técnicas de procesado.
Para unha entidade coma a UDC, participar nestes proxectos aporta un plus de valor á formación que dá aos seus estudantes. Así o destacaba José Ramón Méndez, director da Escola de Deseño Industrial, cualifi cando o feito de
implicar aos alumnos en accións de inclusión social coma un “elemento colateral da súa formación”. Respecto das pezas que van saír dos obradoiros, recoñecía que vai depender dos refugallos que se recollan: “Ata que non saibamos
a materia prima e a que procesamento podemos sometela non saberemos que valor lle podemos dar”.
Desde Aspaneps e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal agradeceron que se tivese contado con eles para o desenvolvemento deste proxecto “esencial en cooperación e integración social”, en palabras de Elena Rodríguez Seoane, presidenta do primeiro destes colectivos. Sara Pérez, terapeuta ocupacional do segundo, ía máis alá ao apuntar a necesidade de tomar conciencia do importante que é para os usuarios que se valoren os produtos que resultan destes obradoiros, algo que é posible “grazas á visibilización do seu traballo”. Por riba, a satisfacción é “aportar algo á solución dun problema importante como é a contaminación mariña”.
A concelleira ferrolana Eva Martínez, que exerceu coma anfitrioa do acto, pechou a presentación facendo un chamamento aos veciños dos tres concellos pois, aínda que “os principais protagonistas da campaña de sensibilización sexan os
pescadores, é importante que participe o resto da cidadanía, especialmente a infancia”.
De feito recordou que unha das accións que en breve se emprenderá será a colocación de colectores en diversos puntos da costa dos tres concellos, con especial atención ás praias e ás inmediacións dos pósitos de pescadores, para
que calquera poda depositar neles os plásticos que cheguen do mar.
Cronograma de actividades
As accións de divulgación e sensibilización de Ártabro Inclusivo arrancarán o 2 de novembro cunha presentación do proxecto á xente do mar que terá lugar na Confraría de Barallobre ás 17.30 horas.
Dous días despois, o día 4, Rogelio Santos Queiruga, pescador e activista mariño e medioambiental nas redes sociais, acode ao Museo da Construcción Naval (Fundación Exponav) para, ás 19.30 horas, desenvolver a ponencia “O lixo
ven para Terra: O noso mar finito”.
O 11 de novembro celebrarase “O día do mar sen plásticos”, encamiñado a concienciar aos mariñeiros e mariscadores das confrarías de Barallobre e Ferrol do impacto dos plásticos no medio mariño. Para elo, un grupo de voluntarios
solicitará a súa colaboración para que traian a terra todo o lixo que se atopen no mar.
Na mesma liña está programada a limpeza de dúas praias que se desenvolverá o día 13, en San Felipe; e o 20, no areal de Caranza contando coa participación de dous guías medioambientais.
Gema Neira, CEO de Cholita Corme, compartirá o día 26 de novembro, ás 19.30 horas, a súa experiencia á fronte dunha firma que, precisamente, dá unha segunda vida aos refugallos de pesca, concretamente ás redes, mediante a
fabricación de bolsas e orixinais bolsos.
Finalmente, o 9 de decembro, Adrián Coira, responsable de Fair Enough, un centro móbil de reciclaxe de plástico, fará unha demostración do proceso completo de reciclaxe destes residuos coas máquinas que se empregan para
transformalos en novos produtos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal