Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DO VII CAMPIONATO GALEGO DE PERRUCARÍA CANINA
Se celebra os días 3 e 4 de abril no Centro Comercial e de Ocio "Dolce Vita Odeón"
Narón, 26 de Marzo de 2010.- A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa o VII Campionato Galego de Perrucaría Canina que se celebrará os días 3 e 4 de abril no Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón”; e que inclúe o II Campionato de Agility (este último se celebrará no exterior, nunha parcela situada fronte ó Hotel Husa Odeón). O campionato de perruquería inclúe un total de cinco modalidades: tesoira, spaniel, stripping, caniche, e comercial. Ademáis, haberá unha pasarela canina na que poderán participar tódolos propietarios de mascotas, e o xurado entregará tres premios de beleza nesta modalidade. O programa do evento é o seguinte: Sábado 3 de abril 11:00 horas.- Tesoiras: Bichón, Kerry Blue, Sof Coated, Terrier Ruso, Bedlington, Bouvier, etc. 16:30 horas.- Spaniel&Setter: tódolos setters, cocker americano, inglés, springer, etc. 16:30 horas.- Comercial 17:30 horas.- Pasarela canina Domingo 4 de abril 09:00 horas.- Seminario de corte á tesoira (Terrier Ruso) 11:00 horas.- Stripping: Fox, Lakeland, Scotish, Westhighland, Seayhan, Schnauzer, etc. 11:00 horas.- Caniche: tódolos tamaños, tódolos cortes. 12:00 a 16:30 horas.- Campionato de Agility Os interesados poden inscribirse no enderezo www.juanchedas.com ou chamar ós teléfonos 620 154 167 / 620 154 169. A organización do campionato corre a cargo do perruqueiro canin, equino e felino Juan Chedas, que tamén é presidente da ANPC (Asociación Nacional de Perruqueiros Caninos) e conta no seu currículum con numerosas participacións e premios en concursos nacionais e internacionais de perruqueria canina. Tamén participa a perruqueira canina Tamara Pego, quen imparte cursos de perruqueria canina na Facultade de Veterinaria de Lugo. O xuiz do campionato será Umberto Lehmann, criador e adestrador de cans, e gañador de numerosas medallas de ouro e prata en Europa, Estados Unidos e Canadá.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal