PRESENTACION DA VII MOSTRA DA CAMELIA 'CIDADE DE NARÓN' E DO 3º CONCURSO DE FLOR DE CAMELIA
Celébrase os días 19 e 20 de marzo en Odeón, coa participación de 32 expositores e a entrega de sete galardóns á Mellor Camelia Japónica, Mellor Camelia Reticulata, Mellor Especie de Camelia, Mellor Híbrido de Camelia, Mellor Flor Miniatura, Mellor Camelia Olorosa, e Mellor Cultivador-Expositor.
Narón, 15 de Marzo de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación Galega da Camelia, Tomás Casal, presentaron hoxe en rolda de prensa a VII Mostra da Camelia ‘Cidade de Narón’ que se celebrará no Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón” os días 19 e 20 de marzo.
Ata o momento, está confirmada xa a presenza de 32 expositores, procedentes de diferentes municipios de Ferrolterra, e de outras cidades de Galicia coma Pontevedra ou Cuntis. O prazo de inscrición todavía permanece aberto, e non se descarta a participación de expositores procedentes do norte de Portugal.
Nesta séptima edición da Mostra da Camelia, entregaranse sete premios correspondentes ás seguintes categorías: Mellor Camelia Japónica, Mellor Camelia Reticulata, Mellor Especie de Camelia, Mellor Híbrido de Camelia, Mellor Flor Miniatura, Mellor Camelia Olorosa, e Mellor Cultivador-Expositor. Os participantes deberán colocar como mínimo tres flores por lote e o xurado valorará a homonoxeidade, tamaño, cor, estado de apertura e colocación.
Ademáis, celebrarase o 3º Concurso de Flor de Camelia, no que se premiará a Mellor Composición Artística feita por entidades ou colectivos.
O programa da VII Mostra da Camelia ‘Cidade de Narón’ é o seguinte:
Sábado, día 19 de marzo
10:00 horas.- Apertura e montaxe da Mostra.
13:00 horas.- Inicio da calificación dos lotes concursantes.
17:00 horas.- Inauguración oficial da Mostra e apertura ó público. Acto de entrega de premios.
22:00 horas.- Peche da Mostra.
Domingo, dia 20 de marzo
10:00 horas.- Apertura da Mostra.
20:00 horas.- Clausura e desmontaxe da Mostra.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a consolidación desta Mostra da Camelia, que lévase realizando en Narón dende o ano 2004. “Unha vez máis, teño que destacar a colaboración entre administracións e entidades, coma neste caso entre o Concello de Narón e a Asociación Galega da Camelia, que nos permite poder organizar un evento destas características”, sinalou.
O rexedor tamén realizou un recoñecemento público á figura de Eusebio López, veciño do municipio de Fene, que ven de gañar o premio “Camelia de Ouro” na Exposición Internacional de Camelias de Pontevedra. “Por primeira vez en 43 anos, un galardón desta importancia vai a parar á nosa comarca”, destacou o presidente da Asociación Galega da Camelia, Tomás Casal.
Precisamente Eusebio López foi o encargado de crear unha nova variedade de camelia, que xa foi rexistrada internacionalmente: a Camelia Cidade de Narón. Está prevista a súa floración no mes de abril deste ano, e o proceso de creación deste híbrido fíxose a partires de semillas doutras camelias, seleccionando variedades xa recoñecidas pola súa calidade, e misturándoas.