Poden consultarse na 1ª pranta do Concello (Servizo Sociocomunitario) e nas Escolas Infantís de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.
Narón, 11 de xullo de 2011.- O listado definitivo de alumnos/as admitidos para o vindeiro curso escolar 2011/2012 nas Escolas Infantís Municipais (EIM) de Narón (A Solaina, Piñeiros, e A Gándara) pode consultarse por parte dos pais/nais/ tutores interesados.
A relación definitiva de alumnos/as admitidos está disponible no Taboleiro de Anuncios do Concello (situado na pranta baixa), no Servizo Sociocomunitario (1º andar do Concello) e nas Escolas Infantís Municipais.