Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CAMBIO DE DOMICILIO NOS PERMISOS DE CONDUCCIÓN E CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS PODE REALIZARSE XA DENDE O CONCELLO
Dende o 1 de outubro, este trámite formalízase nas oficinas da Policía Local do Concello de Narón.
Narón, 18 de Outubro de 2012.- O Concello de Narón tramitou dende o pasado día 1 de outubro un total de 33 cambios de domicilio nos permisos de conducción e circulación de vehículos. Dende este mes de outubro, o trámite pode realizarse nas oficinas da Policía Local, situadas na Casa Consistorial, en horario de mañá. Esto é posible grazas a un protocolo de adhesión por parte do Concello de Narón (asinado o pasado 13 de setembro de 2012) ó convenio de colaboración suscrito entre a Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios de Provincias (FEMP) para o intercambio de información e a mutua colaboración administrativa, asinado en Madrid o 15 de marzo de 2006. Coa adhesión a este convenio, os veciños empadroados en Narón poden realizar dende o 1 de outubro en Narón o trámite de cambio de domicilio no permiso ou licenza de condución así como o cambio de domicilio no permiso de circulación dos vehículos dos que sexan titulares, sen ter que desprazarse á Xefatura Provincial de Tráfico de A Coruña. Para realizar o cambio de domicilio no permiso ou licenza de condución, tan só deberase cubrir un formulario de solicitude de cambio de domicilio. No caso do cambio de domicilio no permiso de circulación, deberán presentar dito documento e a tarxeta de características técnicas (ITV), que unha vez comprobados serán devoltos no momento ó interesado. O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, lembrou que os titulares de vehículos e de permisos de conducción están obrigados a comunicar os cambios de domicilio á Dirección Xeral de Tráfico, que dende o 1 de outubro pódese realizar en Narón. Ademáis, outra ventaxa de ter actualizados os domicilios a efectos de posibles notificacións de denuncias de tráfico é que o afectado pode formular alegacións ou abonar as multas cun desconto do 50%. O feito de non poder notificar estas comunicacións non paraliza o procedemento sancionador, senón que se suple coas oportunas publicacións, podendo chegar a darse incluso o embargo da conta bancaria do titular da infracción.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal