O Alcalde de Narón e escolares de Primaria do Colexio Santiago Apostol colaboraron nesta iniciativa de sensibilización medioambiental.
Narón, 26 de Febreiro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, asistiron hoxe á III Xornada de Sensibilización Medioambiental, promovida pola Corporación Masaveu –propietaria da fábrica de cemento de Castro-. Esta iniciativa consistíu na prantación dun total de 52 árbores (nogais, cereixos, perais e manzanos) por parte de escolares de 6º de Educación Primaria do Colexio Santiago Apostol de Narón. O Alcalde de Narón e mesmo o Edil de Servizos colaboraron prantando eles mesmos dous árbores.
Por terceiro ano consecutivo, nestas datas lévase a cabo a prantación de árbores no exterior da fábrica de molenda situada no polígono de Río do Pozo, que entrou en funcionamento no ano 2007 e que foi adquirida por Cementos Tudela Veguín –pertencente ó Grupo Masaveu- en xullo de 2009.
A pranta de cementos de Narón dispón dun Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente de acordo coas normas ISO 9001 e ISO 14001, e conta coa Autorización Ambiental Integrada dende o inicio da súa actividade, obtendo recentemente a renovación da mesma por un período de oito anos.
Os requisitos desta autorización obligan a cuidar ó máximo as medicións en continuo das emisións, inmisións, o control do nivel sonoro perimetral ou o control das augas de verquido, que no caso da molienda de Narón teñen sempre uns valores moi inferiores ós legalmente establecidos.