Poden participar tódolos veciños/as do municipio. O único requisito é estar empadroado en Narón e sentirse orgulloso da cidade na que se vive.
Narón, 23 de Abril de 2014.- O Concello de Narón está a organizar un casting para a realización dun vídeo promocional do municipio. Están convidados a participar tódolos veciños e veciñas de Narón, independentemente da súa idade. Os únicos requisitos para facelo son estar empadroado en Narón e sentirse orgulloso do concello no que se vive.
O casting para a selección dos participantes no vídeo terá lugar o sábado 26 de abril ás 18:00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. Para máis información pódese consultar a web municipal: www.naron.es/casting