O AUDITORIO ACOLLE MAÑÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS DE ENSINO E FAMILIAS SOBRE O PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
La concejala de Educación, Mercedes Taibo, explicó que la reunión está abierta a las familias con hijos e hijas en edad de matricularse en Infantil y Primaria
Narón, 25 de febreiro de 2019. O Auditorio municipal acollerá mañá, a partir das 17.30 horas, unha reunión na que os directores e directoras dos centros de ensino públicos de Infantil e Primaria de Narón informarán ás familias que acudan sobre o proceso de escolarización na cidade. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, animou aos pais e nais da cidade con fillos en idade escolar a asistir a esta convocatoria, na que ademáis coñecerán os recursos dispoñibles en cada colexio e tamén os proxectos educativos dos mesmos.
No transcurso da reunión tamén se ofrecerá aos asistentes información sobre a nova páxina web municipal Buscocole –buscocole.naron.es-, unha ferramenta a través da que se ofrecen tamén ás familias os datos necesarios para que coñezan de primeira man os seus colexios de referencia en función do seu domicilio. A través desta web poden consultar, indicando a súa dirección ou a idade do seu fillo ou filla, os centros que lle corresponden e tamén todos os servizos de cada un deles.
Taibo animou ás familias con fillos en idade escolar a asistir a esta reunión, na que terán a oportunidade, asegurou, de solventar calquera posible dúbida sobre o proceso de escolarización ou o funcionamento dos servizos de cada centro, así como da nova web municipal Buscocole.