OS ACTORES PEPÓN NIETO, DANI MURIEL E TONI ACOSTA, ENTRE O ELENCO DA OBRA "ANFITRIÓN" QUE SE REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO
A comedia representarase ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 25 de novembro de 2021. O Pazo da Cultura, acollerá este sábado, día 27, a representación da comedia “Anfitrión”, da compañía Mixtolobo. Pepón Nieto, Toni Acosta, Daniel Muriel, María Ordóñez, Fele Martínez e José Troncoso forman o elenco desta obra, que se poderá ver ás 20.00 horas e dunha duración de case dúas horas.
Un roubo é o que cometeu Molière con Anfitrión, o divertido texto orixinal do autor latino Plauto. A base desta comedia é o texto do dramaturgo francés, ao que se lle dá unha renovación amparada na tradicional frase de “quen rouba a un ladrón ten cen anos de perdón”. Anfitrión é unha historia de seres clonados que viven o asombroso paradoxo de verse de pel cara a fóra. Paixóns e odios, infidelidades e desexos… todo co propósito de entreter.
As entradas aínda dispoñibles están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura. O prezo é de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).