Se celebra o sábado 25 de xuño, coa participación de 25 deportistas. A entrada é libre.
Narón, 21 de Xuño de 2011.- O Parque Temático do Mundo Rural ‘Aldea Nova’ (Sedes) acollerá o vindeiro sábado 25 de xuño (en horario de 15:00 a 19:00 horas) o I Trofeo de Tiro con Arco Tradicional ‘Oenach Atlántico’.
O campionato está organizado polo Grupo de Traballo de Sedes, a Federación Galega de Tiro con Arco, o Clube Arco Narón e a empresa que xestiona Aldea Nova. Colabora o Concello de Narón, e varios establecementos de hostalería (Mesón A Trasanquesa, Restaurante Casa Pendás, Restaurante Montesol, e Café Bar O Caserio).
Está prevista a participación de 25 deportistas nas dúas modalidades (6 mulleres e 19 homes). Haberá dúas categorías: absoluta donas e absoluta cabaleiros. Entre os participantes, destacan o Campión e subcampión de España con arco lombo; a Subcampeona e bronce no campionato galego; e o Campión, subcampión e bronce no campionato galego.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría en donas e cabaleiros, e premio especial para o arqueiro/a de lombo que acade a millor puntuación. Trátase de trofeos de artesanía castrexa feitos a man.
Ademáis, para tódolos nenos/as asistentes, no parque de Aldea Nova realizaranse xogos populares durante a tarde.