Terá lugar o domingo 30 de setembro en A Gándara, con premios e agasallos para os participantes.
Narón, 26 de Setembro de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa a II Carreira Solidaria “Décimas Narón” organizada pola ONG Lena en colaboración coa tenda deportiva Décimas (situada no centro comercial Alcampo) e o Club de Atletismo Afflelou Narón.
O evento deportivo terá lugar o domingo 30 de setembro con saída e meta na praza de A Gándara, e as inscricións poden realizarse ata mañá xoves 27 de setembro ás 20:00 horas.
As inscricións realizaranse de forma on-line en calquera das seguintes páxinas:
- Categorías menores a través da páxina da Delegación de Atletismo de Ferrol
- Categoría absoluta, 3 opcións:
1ª. Mediante inscrición e pago a través da pasarela SEGURA de pago en championchipnorte
2ª. A través do correo electrónico da ONG Lena (onglena@onglena.org) achegando os seguintes datos: DNI con letra, Nome e Apelidos, Sexo, Data de nacemento completa (dd/mm/aaaa), Correo electrónico / Teléfono de contacto e Empresa, club, colectivo ou entidade ao que pertencen.
Previamente a inscribirse será preciso realizar o ingreso a través de calquera das seguintes contas: La Caixa: 2100 -1831 – 33 – 0200092185 ou Novagalicia Banco: 2080 0235 91 3040001240, poñendo como ordenante o nome completo do corredor ou corredora e como concepto: Inscrición Carreira Solidaria.
3ª. Presencialmente (inscrición e pago) na tenda Décimas Ferrol en Alcampo.
O prezo da inscrición é de 5 euros para a carreira absoluta. As categorías menores non pagan.
Establécense as categorías masculina e feminina e, dentro destas, as seguintes:
• Biberóns: nad@s en 2008 e 2007
• Pitufos: nad@s nos anos 2006, 2005
• Benxamín: nad@s en 2004 e 2003.
• Alevín: nad@s en 2002 e 2001.
• Infantil: nad@s en 2000 e 1999.
• Cadete: nad@s en 1998 e 1997.
• Xuvenil: nad@s en 1996 e 1995.
• Junior: nad@s en 1994 e 1993.
• Promesa: nad@s en 1992, 1991 e 1990.
• Absoluta: nad@s de 1989 ata veteranos.
• Veteran@s A: De 40 anos cumpridos no día da proba a 49.
• Veteran@s B: De 50 anos cumpridos no día da proba a 59.
• Veteran@s C: De 60 anos cumpridos no día da proba en adiante.
As distancias e horarios das probas son os seguintes:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 horas Biberóns e Pitufos 100 metros
10:45 horas Benxamín e Alevín 900 metros
11:00 horas Infantil/Cadete 1.800 metros
11:30 horas Absoluta 10.000 metros
13:00 horas Entrega de premios na Praza da Gándara
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, agradeceu á ONG Lena a súa idea de organizar un evento deportivo solidario e tamén ó Club de Atletismo Afflelou e á tenda Décimas a súa implicación no mesmo “xa que o traballo e esforzo de organización é inmenso. Por iso quero facer un chamamento público á cidadanía para que participen nesta carreira, que ademáis ten un fin altruista”, sinalou.
O representante da ONG Lena, Juan Pernas, explicou que a recaudación que se obteña con esta carreira irá a parar íntegramente ó proxecto educativo que esta entidade ven desenvolvendo dende fai anos con nenos/as e mozos/as da rexión de LenÇois (Brasil), para que podan ter un futuro.
Pola súa banda, o representante do Club de Atletismo Afflelou amosouse “encantado de poder colaborar con esta carreira, e agardamos unha boa afluencia de participantes, e que o tempo nos acompañe”, sinalou Alvaro Valle.
Finalmente, en nome da empresa Décimas, Diego Ezquerro calificou esta carreira solidaria coma “unha festa do deporte, á que queremos invitar a todo o barrio de A Gándara, pedíndolle ademáis comprensión ós conductores xa que a partires das 10 da mañá haberá cortes de tráfico”.
Ezquerro lembrou tamén que ó finalizar a carreira, haberá sorteos de material deportivo e unha tableta IPAD 3.
Contarase coa participación de xuices da Federación Galega de Atletismo.
Para máis información, pódese consultar a web http://onglena.wordpress.com/