O ALCALDE ASINA CATRO CONVENIOS CON CENTROS EDUCATIVOS DE NARÓN PARA REALIZAR ACTIVIDADES EN ALDEA NOVA
Narón, 5 de decembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe catro convenios de colaboración cos directores dos seguintes centros de ensino de Narón:
-CPI O Feal (Victor Novo).
-Colexio Jorge Juan (Mª José Cazorla).
-IES As Telleiras (Carmen Pazos)
-IES Terra de Trasancos (José Ricardo Lorente)
Na firma do convenio tamén estivo presente a Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada.
O obxecto destos convenios é a realización de actividades extraescolares durante este último cuatrimestre do ano 2012, no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes). En conxunto, o Concello destinará 15.697 euros a estas actividades.
O parque de Aldea Nova dispón de 7 hectáreas de superficie con diversas instalacións como o albergue-comedor, sala de usos múltiples, hortas agrícolas e invernadoiro, alpendres de gando, estación de rutas e estadía, casa museo, centro de coñecemento, e planetario. Esta instalación dispón de especialistas de educación ambiental, ámbito agropecuario, aplicultura e silvicultura, etc..