O pasado xoves día vinteseis de xullo celebrouse a primeira sesión plenaria ordinaria desta lexislatura que agora comeza.
No transcurso da mesma aprobouse a inclusión de diversas fincas no Inventario municipal de bens, co carácter de bens patrimoniais ou de propios; a autorización á Alcaldía do Concello para representar ao mesmo nunha Xunta de Accionistas da empresa mixta municipal de augas, COSMA, S.A. na que se decidirá a concertación dunha póliza de crédito que asegure liquidez á mercantil para o abono das obras que está a executar na zona rural de Narón e na parroquia de A Solaina.
Tamén aprobouse a redacción definitiva da ordenanza reguladora do prezo público para o transporte adaptado para persoas dependentes, rexeitándos a alegación presentada polo grupo municipal do BNG sobre o devandito servizo. Este punto contou cos votos favorables dos representantes de TEGA, a abstencións dos membros do PP e os votos en contra do propio BNG e do PSdeG-PSOE.
A Conta xeral do exercizo 2006, unha vez publicada e sen que houbera reclamacións, foi defintivamente ratificada.
Finalmente adoptouse unha moción presentada polos nacionalistas sobre a non supresión do servizo de inspección educativa na comarca de Ferrolterra.