Representantes municipais e veciños de Narón gardaron cinco minutos de silencio en sinal de duelo polo asasinato dun garda civil a mans de ETA
Narón, 15 de Abril.- O Concello de Narón secundou hoxe o paro convocado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en condena polo atentado que costou a vida ao garda civil Jose Manuel Piñuel Villalón, e causou feridas a outros catro compañeiros e compañeiras na localidade alavesa de Legutiano. Os representantes municipais e os veciños que asistiron a este acto gardaron cinco minutos de silencio, en solidariedade coas familas das víctimas.