O CENSO PARA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS XERAIS PODE CONSULTARSE NO CONCELLO ATA O 18 DE MARZO
As consultas poden realizarse desde hoxe, día 11, ata o vindeiro 18 de marzo no horario de apertura do Consistorio
Narón, 11 de marzo de 2019. O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións xerais do 28 de abril pode consultarse desde hoxe, día 11, ata o vindeiro luns, 18 de marzo, no Concello. A consulta pode realizarse por internet na páxina do INE co DNI dixital, pero as persoas que o desexen poden achegarse ao Concello, e nas oficinas do Negociado de Estatística –na entrada, en horario de 8.30 a 13.30- poden tamén realizar o trámite.
Así mesmo, habilitáronse uns teléfonos de consulta do censo electoral a través do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 e o último día, o 18, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.