A XOVE BANDA DE NARÓN, DA AGRUPACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA, ACTUARÁ NOS ACTOS DO PATRÓN DA SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA A POMBIÑA
A cita terá lugar o martes 19 de marzo nas instalacións da S.C.R A Pombiña, en Pedroso, no marco do programa do patrón da entidade
Narón, 17 de marzo de 2019. A Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira actuará o vindeiro martes, día 19 de marzo, nos actos programados con motivo do patrón da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso. A entidade deseñou un programa para celebrar a festividade de San Xosé, no que colabora o Concello, e que dará comezo ás 12.00 horas, cunha misa solemne na que cantará a coral da Pombiña.
Pola tarde, ás 18.30 horas actuará como é tradicional a Xove Banda de Narón, que interpretará varios temas do seu repertorio no local social da Pombiña, en Pedroso.
Desde a organización convidan ás veciñas e veciños a sumarse a estes actos que se desenvolverán o vindeiro martes na parroquia de Pedroso.