Un monitor ensinará ós maiores a forma de sacar maior proveito ós aparellos de ximnasia de mantemento
Narón, 21 de Outubro de 2009.- Os Concelleiros de Sanidade e Persoas Maiores de Narón, Ramón Padín e Mª del Carmen Espada respectivamente, presentaron hoxe en rolda de prensa a ruta polos parques biosaludables que se levará a cabo durante as vindeiras semanas en Narón. Esta actividade forma parte do programa CONSANAR da Concellería de Sanidade, que se desenvolve durante este ano e que fai incapé nun dos seus apartados na promoción da actividade física e dos hábitos saudables.
Para acadar estos obxectivos, o Concello enviará un monitor a cada un dos catro parques biosaludables (ubicados en A Solaina, A Gándara, Piñeiros e na Praza de Galicia -O Alto-) que realizará clases prácticas sobre a utilización dos elementos de xogo, durante unha hora e dirixida ás persoas maiores. Estos aparellos permiten realizar exercicios de mantemento das extremidades superiores, inferiores e do tronco, mediante o pedaleo, xiro de cintura e mobilización de brazos e pernas.
A Concelleira de Maiores, Mª del Carmen Espada, lembrou que Narón foi o concello pionero na comarca de Ferrolterra á hora de instalar este tipo de parques biosaludables, inaugurando o primeiro no ano 2007 en A Gándara.
O cronograma da ruta polos parques biosaludables é o seguinte:
A SOLAINA: días 26 de outubro, e 2, 9 e 16 de novembro (luns)
A GÁNDARA: días 27 de outubro, e 3, 10 e 17 de novembro (martes)
PIÑEIROS: días 28 de outubro, e 4, 11 e 18 de novembro (mércores)
O ALTO: días 29 de outubro, e 5, 12 e 19 de novembro (xoves)
As clases prácticas realizaranse sempre no mesmo horario, de 11:00 a 12:00 horas.