ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA OPTAR A UNHA PRAZA DE TÉCNICO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E PROGRAMAS DE COOPERACIÓN
As solicitudes poden presentarse ata o vindeiro 17 de xullo (incluído) e requírese ter Grao en Económicas, ADE ou equivalente
Narón, 8 de xullo de 2021. O Concello aprobou a inclusión na bolsa de traballo deste ano dun posto de técnico de Promoción Económica e programas de Cooperación (Grupo A2), para o que se requerirá a titulación de Grao en Económicas, Administración e Dirección de Empresas ou equivalente.
O concelleiro responsable da área de Persoal, Pablo Mauriz, indicou que aquelas persoas interesadas en presentar as solicitudes poden facelo ata o vindeiro 17 de xullo (incluído) no Rexistro do Concello de Narón –na planta baixa- ou a través da Sede Electrónica de Narón, no enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/PublicacionTabs.aspx?tab=7&id=2583&t=BP&x=GcWxOiHmuaiIPQpL8QPNmw.