INICIO DA CAMPAÑA ´CONECTA COA VIDA. O USO DO DISPOSITIVO CUN ENFOQUE PREVENTIVO´IMPULSADA POLO CONCELLO DE NARÓN E ASFEDRO
O edil de Sanidade e a presidenta de Asfedro agradeceron ao alumnado do colexio Jorge Juan o seu traballo e implicación, así como aos estabrecementos que contribúen á súa difusión
Narón, 18 de febreiro de 2022. O edil de Sanidade, Santiago Galego, e a presidenta de Asfedro, Sari Alabau, desprazaronse onte ao colexio Jorge Juan para iniciar a seguinte fase da campaña “Conecta coa vida” xunto co alumnado que participou cos diseños e confección de dípticos, cartelería e posavasos que serán repartidos nos colexios e nos estabrecementos de hostalería. Realizaron este traballo previo de diseño 17 alumnos e alumnas de 4º curso de E.S.O. do colexio Jorge Juan. O alumnado deseñou seis cartaces e posavasos empregando un deseño gráfico propio no que explican diferentes condutas que experimentan as persoas que fan uso dos dispositivos móviles dun xeito abusivo, tal como recordou Galego, destacando a importancia de recoñecer estas condutas para propiciar solucións canto antes e así evitar danos maiores. Desde Asfedro, Alabau remarcou a importancia desta campaña que permite traballar temas de novas adiccións que, neste caso, están referidos aos dispositivos móbiles porque poder abrir a porta ademáis a outras adiccións.