Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O MÉRCORES 24 DE AGOSTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE INGLÉS PREPARATORIO PARA A OBTENCIÓN DO NIVEL B1
O curso consta dun total de 215 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz da Gándara dende o 7 de setembro ao 15 de decembro de 2022
Narón, 22 de agosto de 2022. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo, o vindeiro mércores, dun curso de Inglés preparatorio para a obtención do nivel B1. A convocatoria oferta un total de quince prazas e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón. Hermida avanzou que o curso consta dun total de 215 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 7 de setembro ao 15 de decembro de 2022 –de luns a venres de 9.00 a 12.45 horas, agás o último día que finaliza ás 13.15 horas. Programouse nesas datas, tal e como indicou Hermida, para coincidir coas de celebración dos exames para a obtención da titulación do nivel B1. Esta acción formativa terá unha parte de contidos gramaticais, outra de contidos semánticos/léxicos, e unha terceira de contidos prácticos. Así mesmo, no curso impartiranse módulos transversais de inserción laboral, igualdade de xénero e sensibilización medioambiental. As solicitudes poden presentarse dende o 24 de agosto -as 8.30 horas- ata o 31 de agosto –ás 13.00- no Rexistro Xeral do Concello. Tamén poderán presentarse solicitudes a través da Sede Electrónica do Concello ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro e o listado provisional das persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello. O alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión para confirmar a praza. A listaxe definitiva publicarase tamén na Sede Electrónica. As persoas que desexen recibir máis información, na sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais da páxina web do Concello ou contactar co Servizo Sociocomunitario, tfno. 981337700, Ext.- 1108 e 1109

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal