Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONTACONTOS PARA BEBÉS "A BIBLIOTECA QUE VIAXABA NO TEMPO"
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que a actividade se desenvolverá o 15 de outubro na Biblioteca municipal
Narón, 11 de outubro de 2022. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición, esta tarde ás 16.00 horas, no contacontos para bebés “A Biblioteca que viaxaba no tempo”. Trátase dunha actividade que terá lugar este sábado día 15 –ás 11.00 horas na Biblioteca municipal- pensada para menores de 0 a 36 meses –cumpridos- e que require que teñan o carné da Rede de Bibliotecas. As prazas poden reservarse de xeito presencial na Biblioteca municipal ou chamando por teléfono ao número 981 382 173. Neste obradoiro nárrase a historia dunha pequena vila onde hai unha biblioteca e obradoiro. Un día chega á vila unha empresa construtora que a transformará nunha cidade chea de xente moi triste e, ante ese panorama, a bibliotecaria e a inventora atoparán nos libros máis antigos da biblioteca as instrucións para poder viaxar no tempo e achar unha solución para que a alegría regrese de novo á vila. A actividade, tal e como recordou a concelleira naronesa, está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no marco do programa Ler conta moito.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal