Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NOS OBRADOIROS DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA E PARA SOLICITAR O USO DAS AULAS DE ENSAIO
O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, recordou que se trata de iniciativas dirixidas a persoas de 12 a 30 anos empadroadas en Narón
Narón, 20 de xaneiro de 2023. As persoas de entre 12 e 30 anos que desexen inscribirse nos obradoiros da Escola de Música Moderna ou solicitar o uso das Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade poden aínda facelo, ao quedar algunhas prazas dispoñibles en determinados horarios. Así o indicou o concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, que animou ás rapazas e rapaces da cidade a facer uso destas instalacións municipais ubicadas na Gándara. En canto á Escola de Música Moderna queda unha vacante nas clases de iniciación de Batería para os luns e xoves de 20.30 a 21.30 e outra para perfeccionamento os venres de 16.00 a 18.00 horas. No caso de guitarra, no primeiro nivel hai dúas prazas para o luns e mércores de 16.00 a 17.00, outras dúas para eses mesmos días de 17.00 a 18.00 e unha para os luns de 19.30 a 20.30 e outra para o martes de 20.30 a 21.30 horas. Finalmente, para o uso das Aulas de Ensaio pódense tramitar inscricións para os martes de 16.00 a 19.00 ou os venres de 18.30 a 21.30 horas. Os obradoiros diríxense a mozas e mozos empadroados en Narón e as prazas das Aulas de Ensaio son para grupos musicais con alomenos unha persoa empadroada en Narón. As inscricións poden tramitarse a través da Sede Electrónica de Narón, do Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A taxa é de 8,15 euros ao mes no caso dos obradoiros e desa mesma contía por persoa ao mes no das Aulas de Ensaio, tal e como se recolle na ordenanza fiscal número 15, do Servizo Sociocomunitario. Para obter máis información pódese consultar a Sede Electrónica de Narón ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, primeiro andar do Concello, ao correo electrónico omix@naron.es, ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1111/1108/1109).

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal