Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA O ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL "O MEDO É LIBRE", DE ÁNGELES GOÁS
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que a entrada é libre ata completar a capacidade da sala
Narón, 15 de setembro de 2023. As instalacións da Biblioteca municipal acollerán o vindeiro 22 de setembro un espectáculo de narración oral dirixido a público adulto, a partir de 14 anos. Así o avanzou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicando que a narradora oral Ángeles Goás será a protagonista desta convocatoria, co seu espectáculo “O medo é libre”. A cita dará comezo ás 19.30 horas e a asistencia é libre, ata completar a capacidade da sala. O medo será o tema común das historias que escoitará o público que acuda, unha emoción que todas e todos experimentamos nalgún momento das nosas vidas. Durante o espectáculo, Ángeles Goás ofrecerá unha selección de contos propios e outros recollidos da tradición oral, tendo en común todos eles que son historias de vida que nos falan dos medios que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan. Na actividade, cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do programa “Ler conta moito”, o público poderá decidir que grao de liberdade quere darlle aos medos, que non teñen a última palabra.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal