Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN DE TAXAS POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA REMATA MAÑÁ
Os impresos poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario, no primeiro andar
Narón, 19 de setembro de 2023. O Concello pechará mañá mércores ás 13.00 horas o prazo para tramitar solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2023. As instancias deben tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Os impresos poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre estas bonificacións. No caso de ter concedida a bonificación do último ano e manterse as circunstancias que se tiveron en conta para a citada concesión non é preciso solicitala de novo.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal