Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO OBRADOIRO CREATIVO "PASAPORTE LECTOR"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, avanzou que a actividade terá lugar este sábado na Biblioteca
Narón, 23 de xaneiro de 2024. A Biblioteca municipal abre esta tarde, ás 16:00 horas, o prazo de inscrición en “Pasaporte lector”, un obradoiro creativo no que as persoas participantes elaborarán un pasaporte lector de viaxeiros/as. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que a actividade se levará a cabo este sábado, día 27, nas instalacións da Biblioteca a partir das 11:00 horas. A iniciativa diríxese a nenas e nenos a partir de 6 anos que crearán o seu propio pasaporte lector, un documento no que rexistrarán todas as aventuras literarias ao longo do ano. Cada libro que lean será un selo nese pasaporte que irá marcando o seu percorrido por mundos cheos de imaxinación e aprendizaxe. Para poder participar os menores deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes. As reservas de praza poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal