Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALARÁ ESTE VENRES NO CENTRO COMERCIAL NARÓN O PUNTO INFORMATIVO SOBRE A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
O servizo, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, estará operativo de 17:30 a 19:30 horas
Narón, 23 de xaneiro de 2024. O punto informativo municipal sobre o acoso escolar instalarase este venres, día 26, no Centro Comercial Narón, no Alto do Castiñeiro. Así o indicou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, que avanzou que permanecerá operativo dende as 17:30 ata as 19:30 horas. “Este mes o punto estivo tamén no Centro Comercial Odeón e agora estará no de Narón, áreas cunha grande afluencia de persoas ao longo do día e nas que consideramos que debe estar presente este servizo, que complementa o traballo que realizamos nas aulas coa comunidade educativa de Primaria e da ESO”. A prevención do acoso escolar e a posta a disposición da cidadanía das ferramentas existentes para detectalo e combatilo son dous dos obxectivos deste servizo. Persoal especializado nesta área encárgase de atender o punto informativo, asesorando ás persoas que se acheguen a recibir información e tamén ofrecéndolles a información dispoñible. Ao mesmo tempo, tamén se aproveita a ocasión para que as persoas que desexen colaborar realicen unha enquisa a través da que obter datos obxectivos sobre a situación actual. Aquelas persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1122) ou escribindo un correo electrónico á dirección: omix@naron.gal.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal