Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DOS COLEXIOS DO FEAL, JORGE JUAN E DO IES TERRA DE TRASANCOS PARTICIPOU NUN PLENO ESCOLAR CELEBRADO NO CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, na que se plantexaron diversas propostas
Narón, 20 de marzo de 2024. O salón de plenos do Concello acolleu esta semana un pleno escolar no que participou alumnado de cuarto curso da ESO dos colexios do Feal, Jorge Juan e do IES Terra de Trasancos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a sesión, na que tamén participou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro. O alumnado presentou unha serie de propostas que debatiu durante a convocatoria, ocupando os espazos que nas sesións oficiais empregan as concelleiras e os concelleiros da corporación local naronesa. Pistas de xeo, de fútbol e de karts, usos e novos servizos para a Casa da Mocidade, pistas polideportivas cubertas, opcións para rutas en bicicleta, mobilidade urbana, concertos para a mocidade, e un refuxio de animais foron as propostas que o alumnado puxo sobre a mesa. Durante aproximadamente unha hora os escolares expuxeron o traballo realizado nas aulas sobre as súas propostas, argumentando cada unha delas e propoñendo posibles ubicacións e mesmo as características técnicas e normas de uso dalgunhas. Dende o goberno local escoitaron as propostas dos escolares e explicaron as infraestruturas e servizos operativos na actualidade relacionados coas áreas abordadas, ao mesmo tempo que se avanzaron proxectos en marcha ou recentemente executados dirixidos á mocidade de Narón. Así mesmo, a alcaldesa valorou o traballo realizado polo alumnado e profesorado nos centros, en colaboración coa Escola de Participación Cidadá de Narón “para facer posible que nos fagades chegar a vosa particular visión da cidade e tamén os proxectos e servizos que considerades necesarios para as rapazas e rapaces da vosa idade”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal