Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO PARA CONDEAR O ASASINATO MACHISTA DUNHA MULLER EN RIBEIRA
Representantes da corporación local e traballadoras e traballadores do Concello secundaron a convocatoria
Narón, 21 de marzo de 2024. A edil de Igualdade, María Lorenzo, presidiu a concentración celebrada hoxe ante a porta principal do Concello en sinal de repulsa do asasinato dunha muller de 25 anos en Ribeira. O suceso tivo lugar este martes, nunha vivenda do lugar de Palmeira, onde o asasino –pai dun fillo da vítima- matou á que fora a súa parella. Á convocatoria asistiron tamén outros integrantes da corporación local naronesa e traballadoras e traballadores do Consistorio. Dende o Concello amosouse a solidariedade coa familia e amizades da vítima e condenouse, cun minuto de silencio, este asasinato en particular e calquera acto de violencia machista en xeral, incidindo na importancia de continuar loitando pola erradicación desta lacra social.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal