O acto tivo lugar con motivo da celebración do 23 de novembro, Día de Narón
Narón, 23 de Novembro de 2011.- O Concello de Narón celebrou hoxe o seu día grande coa inauguración dunha escultura, na Praza de A Gándara.
Trátase da peza "Anduriña", de máis de seis metros de lonxitude, situada sobre un pedestal que fará tamén as funcións de banco para que os veciños poidan sentarse sobre él. A escultura simula o despegue e o crecemento experimentado por Narón, e polo barrio de A Gándara en particular, nos últimos anos.