Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "TI TES A CHAVE" CHEGA HOXE AO ALTO E A GÁNDARA E CONTINUARÁ ESTA SEMANA EN XUVIA E NA SOLAINA
O concelleiro de Servizos, Manuel Ramos, avanzou que a carpa informativa estará este mércores en Xuvia e na Solaina
Narón, 11 de marzo de 2024. O programa “Ti tes a chave”, para impulsar a recollida selectiva de materia orgánica doméstica continúa desenvolvéndose esta semana con novas accións. Ao longo desta mañá instalouse unha carpa informativa nas inmediacións do Concello onde se entregaron os kits de benvida ás persoas que se inscribiron na campaña e se informou a todas aquelas interesadas en realizar consultas sobre a mesma. Entre as 10:30 e as 13:30 permaneceu operativo o posto informativo, se ben esta mesma tarde estará na Praza da Gándara, dende as 15:30 ata as 18:30 horas, tal e como avanzou o edil de Servizos, Manuel Ramos. As persoas que desexen facer uso destes colectores de residuos orgánicos deben inscribirse previamente a través dun código QR que se poderá escanear das redes sociais do Concello ou do formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf8mEIf1eWInT4EmbXdfUJZkcYZZYH440Cr3Pu_XAyrsoatlw/viewform?pli=1. A día de hoxe, segundo avanzou Ramos, xa hai máis dun centenar de persoas inscritas. As primeiras 500 recibirán un kit de benvida, que inclúe a tarxeta para abrir os contenedores, un cubo de uso doméstico de dez litros de capacidade e varias bolsas compostables, no caso dos particulares. Aquelas persoas que sexan grandes produtores e hostaleiros recibirán un lote de bolsas de 120 litros de capacidade. Os novos contenedores marróns, un total de cincuenta, ubicáronse nos barrios de Xuvia, O Alto, Freixeiro, A Gándara e A Solaina, coincidindo coas zonas de maior densidade de poboación e mesmo de locais de hostalería e zonas comerciais. A carpa informativa e de entrega dos kits de benvida estará tamén esta semana, concretamente o mércores 13, nas inmediacións do antigo Concello de Xuvia, en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 e pola tarde na avenida da Constitución, na Solaina, entre as 15:30 e as 18:30 horas, tal e como avanzou o edil de Servizos. No contenedor marrón poden depositarse restos de froita e verdura, de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, café, papel de cociña, tapóns de cortiza… Eses restos levaranse á planta de transferencia de Río do Pozo e posteriormente á planta de Cerceda, onde se convertirán en compost que se poderá utilizar como fertilizante natural. Para obter máis información sobre a campaña e os seus requisitos pódese chamar ao número de teléfono 981 397 007 en horario de 10:00 a 14:00 ou escribir un correo electrónico á dirección: servizosbasicos@naron.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal