Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "IX FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR" CONTINÚA ESTA FIN DE SEMANA CON TRES NOVAS REPRESENTACIÓNS NO PAZO
As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Narón, 12 de marzo de 2024. O “IX Festival internacional do monólogo teatral Singular” continúa esta fin de semana no Pazo da Cultura coa representación de tres obras. A actriz Iria Pinheiro será a protagonista da sesión deste venres, día 15, ás 20:30 horas, cunha peza de teatro documental titulada “Miss Docet”, de Compañía Eléctrica. A muller coñecida como Miss España galeguista, Emilia Docet, é a protagonista deste novo proxecto teatral de Pinheiro, recuperando dende a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e pasos desaparezan da nosa memoria. O sábado subirase ao escenario do Pazo a actriz Noelia Campo, para interpretar “Yo soy Fedra”, de Teatro La Morena. Fedra manipula e elabora estratexias de supervivencia escénica e as persoas irán decidindo se apoiala ou non. Entrar no dormitorio de Fedra é unha experiencia de teatro inmersivo. A representación dará comezo ás 20:00 horas. Na xornada do domingo será o turno do público familiar e infantil, neste caso ás 18:00 horas no Café Teatro do Pazo, onde se poderá ver “Maruxiña”. Aurora Artes Escénicas trae a Narón esta peza, inspirada no conto clásico de Polgariña, de Andersen. Trátase dun espectáculo multidisciplinar con música en directo no que a protagonista, Laura Sarasola, investiga o mundo que a rodea dende que nace nunha hortensia dunha maceta da señora Lola. As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal