Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLERÁ UNHA PROXECCIÓN E UN COLOQUIO DO DOCUMENTAL "TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO"
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, recordou que o acto, aberto á asistencia da cidadanía en xeral, dará comezo ás 18:00 horas
Narón, 13 de marzo de 2024. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, recordou que como parte da programación municipal de actividades arredor do 8 de marzo, e no marco da campaña “A noite en igualdade” para a prevención das agresións sexuais nos espazos de festa e ocio nocturno do concello, convídase á veciñanza a participar da proxección do documental “Tódalas mulleres que coñezo”, da cineasta Xiana do Teixeiro, e do coloquio posterior. A convocatoria, recordou, terá lugar o 22 de marzo, ás 18:00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, con entrada libre ata completar aforo. Esta actividade ten como obxectivo “ampliar o traballo a desenvolver cos locais de ocio nocturno ao conxunto da cidadanía, promovendo unha conversa sobre as violencias contra as mulleres no espazo público”, explicou a edil naronesa. Trala presentación e o visionado do filme, facilitarase un espazo de escoita e reflexión participativa para pensar a liberdade nos espazos cotiás de relación dende unha perspectiva de xénero. As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo a través da dirección de correo electrónico: anoiteenigualdade@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 604 033 515. No marco das actividades do 8M, este venres a Biblioteca municipal acollerá o contacontos para público infantil e adulto “Todas as voces contan”, de Trémola Teatro. A través deste espectáculo trátase de facer reflexionar sobre o paso do tempo e os cambios que este produciu na igualdade de xénero, na muller rural e na terceira idade. Así mesmo, tamén o venres día 15 se celebrará no restaurante Casa Becerra a tradicional Cea das Mulleres, onde se homenaxeará á Muller do Ano 2024, a naronesa Bárbara Grandal de Rosende.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal